'Qué te cuentas?' Comarcas

O concelleiro de Sanidade de Nigrán un ‘terminator’ para as velutinas

Retirou persoalmente máis de 500 niños

Nigrán constata a reducción da presenza de vespa velutina na comarca. O concelleiro de Sanidade retirou, persoalmente, máis de 500 niños nos últimos tres anos e repartir gratuítamente 1.200 trampas entre a veciñanza.

En 2018 a súa concellalía retirou 270 niños; no 2019 foron 175 e neste ano lévanse 81 (nos vindeiros días, eliminaranse unha ducia máis, sendo 93 a totalidade dos que se teñen notificado ata a data).

«Constatamos unha reducción de niños porque levamos xa 6 anos desde o Concello enriba desta plaga», sinala Alfonso Vázquez. O concelleiro subliño que «non recibimos ningunha axuda de Xunta e, aunque eles teñen esta competencia a través do SEAGA, non podemos cruzarnos de brazos ante a súa lentitude e inacción».

Vázquez chegou a contabilizar durante a primavera 2.000 raíñas atrapadas en só 8 das súas trampas. «Cada raiña é un futuro niño», indica o edil. Neste sentido, lembra que as trampas deben colocarse a partires de marzo, «é o líquido atraínte, aínda que tamén o regalamos, pódese fabricar caseiramente con 1 litro de viño tinto, 1 litro de cervexa e 1 quilo de sucre pechado nun bote hermético».

Niños a 25 metros de altitude

O Concello de Nigrán adquiríu no 2017 unha pértiga que permite bombear veleno aos niños situados ata a 25 metros de altitude. Trátase dun elemento de traballo indispensable para Alfonso Vázquez e o voluntario Jesús Barros. Cando estes niños están situados a unha altura superior ou preto dun acuífero, empréganse petardos autorizados que o destrúen por completo. «En xeral é preferible optar por petardos nesta época porque garanten mellor a destrución total de todos os exemplares do niño», engade. 

Máis velutinas en Camos

A parroquia de Camos, polas súas condicións, é a que máis niños rexistra no concello. No que vai de ano sacáronse alí 17 niños; 15 en San Pedro, 14 en Panxón, 12 en Nigrán, 11 en Parada e Priegue e 2 en Chandebrito.

«As condicións de humidade e de abrigo en Camos fan que sexa a parroquia onde sempre atopamos máis niños, a velutina busca eses lugares», incide.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.