Galicia Vigo al minuto

A Xunta inicia a adxudicación de 33 vivendas de protección en Vigo

Están na rúa Ignacio Groba e dispoñen de 2, 3 ou 4 dormitorios, praza de garaxe e rocho

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Groba, 19, en Vigo. Ademais, tamén se inicia o procedemento para elaborar unha lista de adxudicatarios de futuras vivendas vacantes.

As vivendas adxudicaranse mediante sorteo público, que se celebrará o 22 de outubro.

As vivendas a adxudicar dispoñen de 2, 3 ou 4 dormitorios e cada unha conta cunha praza de garaxe e un rocho.

Na adxudicación das vivendas adaptadas para mobilidade reducida terán preferencia as persoas que precisen de cadeira ou dependan de dous bastóns.

En segundo lugar, s persoas que acrediten unha enfermidade ou discapacidade permanente que poida chegar a impedir desprazarse sen axuda.

As vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro cando os ingresos da unidade familiar non superen 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem) e en réxime de compravenda para ingresos familiares entre 1,5 e 2,5 veces o Iprem.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.