Vigo al minuto

O BNG propón novas lanzadeiras de Vitrasa ao Cunqueiro

Tamén pide un aumento das frecuencias das liñas xa existentes

O Bloque Nacionalista Galego demandou este martes unha mellora do «rotundamente insuficiente» servizo de Vitrasa até o hospital Álvaro Cunqueiro.

Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG, considerou que o problema non se resolve cun «retoque no percorrido dunha das liñas», en alusión ao cambio anunciado na H1, senón que esixe da posta en marcha de novas lanzadeiras e un aumento das frecuencias nas liñas xa existentes.

As catro liñas non atenden as necesidades dos usuarios

Igrexas explicou que neste momento as catro liñas en funcionamento non atenden a necesidade de transporte cara ao hospital. «Temos unha liña H, que só conecta Navia cun único bus os días laborábeis a primeirísima hora da mañá. Unha H1 con buses cada hora pero sen servizo en fins de semana. Unha H2 con frecuencias de 30 minutos, claramente insuficientes. E unha H3 que só realiza dúas viaxes en días laborábeis en horario de mañá», explicou.

Necesaria unha «mellora substancial» do servizo

O BNG propón a creación dunha nova liña desde a Praza de España e doutra desde Navia-Coia, mais demandando que se estuden outras necesidades e que se atenda tamén a conexión de todos os barrios e parroquias.

Por outra parte, Igrexas reclamou que se aumenten as frecuencias en todas as liñas existentes, para garantir un bus cada 15-20 minutos, o que facilitaría o transbordo e reduciría os tempos de viaxe «maratonianos» que hoxe padecen as viguesas e os vigueses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.