Galicia Vigo al minuto

A Xunta impón restricións en Marín e Silleda para deter o avance da Covid

Limítanse os aforos de lugares pechados e restaurantes, tamén de terrazas e bodas, bautizos e velorios

O Goberno de Galicia vén de decidir, seguindo o consello do Comité Técnico que aconsella ao presidente, impoñer medidas de restrición en máis concellos para deter o avance da Covid-19.

En Marín e Silleda, os dous concellos de Pontevedra, quedan limitadas as reunións a un máximo de 10 persoas; redúcense ao 50% os aforos dos lugares pechados e restaurantes; as terrazas so poderán ocupar un 75% da súa capacidade e queda limitado o número de asistentes a bodas, bautizos, velorios e cultos relixiosos.

Tamén seguen as restriccións, xa vixentes, en áreas de Santiago, Ourense e Lugo, sinalou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

García Comesaña engadiu que ante a «tendencia estable» na Área da Coruña, a Xunta levanta as limitación actuais nos concellos de Laxe, Ponteceseo, A Laracha, e Carballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.