Galicia Sucesos

Un morto e 76 feridos en accidentes de tráfico en Galicia a fin de semana

Producíronse 57 percances nas estradas galegas dende o venres

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 77 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 11, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 14 de setembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 67 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 63 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.