Cultura

@MananeRodríguez ‘Premio Pedrigree’ do @festivaldecans

Os ‘Chimpíns de Prata’ son para Mariana Fernández, Merchi Sánchez, Juan Creus e Covadonga Carrasco

A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez.

É a primeira vez que un festival de cine en Galicia recoñece a longa traxectoria desta realizadora que naceu en en Uruguay e reside en Galicia desde hai varias décadas.

Chimpíns de prata

Na XVII edición do Festival de Cans, que será lugar do 2 ao 5 de setembro, concederanse tamén os chimpíns de prata. A distinción sinala ás persoas que destacan por promover a visilibidade do festival e pola súa colaboración co evento. Nesta edición os Chimpíns de Prata Pepe Puime irán para a actriz e profesora Mariana Fernández e para a coordinadora médica do Festival de Cans Merchi Sánchez. A relación de distincións completarase co Chimpín de Prata Divina Campos, para os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

Manane Rodríguez

Varias mulleres recibiran antes que Manane Rodríguez a máxima distinción de Cans, pero ata o momento, ningunha delas directora. Nada en Montevideo, en 1994 crea na Coruña a produtora Xamalú Filmes.  O Festival de Cans valoro especialmente o logro de Manane Rodríguez de sacar adiante catro películas de ficción, un fito inédito en Galicia para unha directora muller, e un número aínda inalcanzable para a maioría das mulleres cineastas en España. 

A asemblea da Asociación Arela valora así mesmo «a traxectoria desta cineasta comprometida e valente , cunha obra caracterizada polo rescate da memoria e cun irrenunciable compromiso feminista tamén como activista da asociación CIMA de mulleres realizadoras,  premiando un cine honesto e necesario».

Coma directora, Rodríguez asinou cintas coma  «Retrato de una mujer con hombre al fondo», «Los pasos perdidos», ou a galego-uruguaia «Migas de Pan» (2016), que logro representoar ao país sudamericano nos Oscar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.