Comarcas

@concellodorosal abre a súa programación de cine ao aire libre

A proxección das películas, entre elas ‘O que arde’, se fará en distintos lugares da vila

O cine ao aire libre chega esta semana ao Rosal para continuar coa programación de verán. A programación inclúe a proxección de tres filmes que se farán en distintos lugares do municipio. O obxectivo é levar as actividades aos distintos barrios e achegar a oferta cultural a toda a veciñanza.

‘Vilamor’
As sesións arrancarán este xoves 23 de xullo coa proxección da película ‘Vilamor’ na Alameda de San Miguel ás 22.00 h. Trátase dunha película dirixida por Ignacio Villar, ambientada nos anos 70, que conta a historia dos habitantes dunha comuna en pleno centro de Galicia.

‘O que arde’

A seguinte cita será o venres 24 de xullo (22.00 h) na Praza do Calvario, con ‘O que arde’, un filme de 2019 de Oliver Laxe. Un drama que conta a historia de Amador, un home que tras cumprir condena por provocar un incendio regresa á súa casa, nunha aldea de Lugo.

‘Do revés (Inside Out)

A última proxección será xa o xoves 6 de agosto (22.00 h) no campo de balonmán de Novás. O ciclo de verán pecharase co filme ‘Do revés (Inside Out), unha película de animación que se desenvolve na mente dunha nena, Riley Anderson, onde cinco emocións (Alegría, Tristeza, Temor/Medo, Furia/Ira e Desagrado/Asco) buscan guiala día a día na súa vida cotiá.

Aforo limitado

Nestas actividades haberá aforo limitado, establecerase unha entrada e saída diferenciadas do recinto no que se celebre. Ademáis, colocaranse cadeiras para o público separadas pola distancia de seguridade establecida, desinfectaranse as cadeiras antes de cada evento e colocarase xel hidroalcohólico na entrada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.