'Qué te cuentas?' Galicia

Concentración este martes diante da Xunta en Vigo para esixir a creación dunha Renda Básica

Será ás 11:00h. e dará saída á campaña ‘Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital, Renda Básica XA!’

Os colectivos asinantes da campaña: «Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital, Renda Básica XA!» convocan concentracións simultáneas en A Coruña, Compostela e Vigo para este martes 23 de xuño.

En Vigo será ás 11:00h. diante da Delegación da Xunta, na rúa Concepción Arenal.

O motivo destas convocatorias e presentar a proposta para que a renda básica serva de base a unhas novas políticas sociais no país.

Inacción da Xunta

Estes colectivos subliñan que o ‘Estado de Alarma’ deixou en evidencia a inacción da Xunta, «algo que por desgraza viñamos padecendo de antes e que tras este perído quedou ao descuberto».

Mentres, indican, «a desescalada acelérase e a máquina das eleccións ponse en marcha como si nada tivera pasado nestes meses».

Ao seu xuízo, a políticas impulsadas en Galicia neste tempo son «minúsculas en comparación coa magnitude da crise sanitaria, económica e social que estamos a vivir». Queda claro que non todas as vidas importan para o poder.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.