Comarcas

A presión do Goberno local e da veciñanza logra que Abanca volva a abrir de luns a venres nas Neves

Tamén abre, de novo, o Concello…iso sí: con cita previa

Dende o vindeiro luns, día 25 de maio,o Concello das Neves restablece a atención presencial á veciñanza, tanto na Casa do Concello como nas dependencias de Servizos Sociais, en horario de 09:00 a 14:00 h.

Por suposto, se seguirán todas as medidas sanitarias de seguridade para evitar os riscos de contaxio. A veciñas e veciños que acudan a facer calquera trámite deberán usar máscara, respectar a distancia de separación social e terán á súa disposición xel hidroalcólico para as mans.

Só se atenderá a aquelas persoas que teñan cita previa, que pode pedirse telefónicamente chamando á Casa do Concello, no 986 64 80 38; a Servizos Sociais, no 986 66 71 34 e 689 98 42 10, ou a través da Sede Electrónica do Concello: https://concelloasneves.sedelectronica.gal.

Abanca abrirá de luns a venres

Logo das presións do Goberno municipal e da veciñanza, a oficina de ABANCA nas Neves volve abrir de luns a venres, tamén dende este luns, día 25.

Segundo vén de informar o representante da entidade ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, a sucursal estará aberta os cinco días da semana en horario de 08:00 a 14:15 h., como xa era habitual antes da declaración do ‘Estado de Alarma’. Ademais, para ofrecer o servizo de atención, volverá haber dúas persoas na oficina.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.