Comarcas

Coñeces mellores produtos que os nosos?…Pontevedra Provincia na túa cesta

Co obxectivo de promover que as veciñas e veciños da provincia de Pontevedra, e tamén do conxunto de Galicia, consuman produtos locais e de proximidade a Deputación de Pontevedra lanzará este martes, 5 de maio, a campaña “Pontevedra Provincia na túa cesta”.

A través desta iniciativa, que Carmela Silva definiu como “un compromiso co consumo do local que facemos extensivo á veciñanza”, preténdese impulsar o produto de proximidade e revalorizar a materia prima da provincia, “segura e saudable”, así como apoiar ás persoas produtoras. “Pontevedra provincia na túa cesta” complementarase a mediados de mes con outra acción promocional para impulsar o comercio local e contribuír á súa reconstrución.

Silva asegurou que con esta campaña “queremos impulsar o consumo e comercio local, facendo fincapé na excelencia da nosa materia prima para axudar a saír da crise económica xerada pola pandemia”. Deste xeito, a presidenta enxalzou que os produtos da provincia teñen “unha grande calidade, son saborosos, saudables e seguros” e dan cumprimento aos requirimentos das persoas consumidoras para acadar a súa confianza.

Estas cuestións materializaranse tanto no vídeo promocional da campaña, “moi emotivo”, como nas creatividades que amosarán “o mellor da horta, do mar, dos viños e do campo” cos hasthags “#Saboreaonosomar, #Saboreanosahorta,
#Saboreaosnososviños e #Saboreaonosocampo”.

A campaña poderá seguirse a través da páxina web da Deputación e de Turismo Rías Baixas, con contidos especiais, imaxes, vídeos e galerías fotográficas. Tamén a través da participación de bloggerse e influencers, así como en diferentes plataformas e nas redes sociais da institución onde se promoverá un produto a diario, dando equilibrio territorial a toda a provincia e etiquetando a Denominacións de Orixe e asociacións de referencia. Ademais, a
iniciativa completarase coa convocatoria dun concurso para que as persoas participantes envíen imaxes cos produtos da provincia de Pontevedra e pratos listos para degustar.

A campaña “Pontevedra provincia na túa cesta” tamén servirá para poñer en valor ás persoas produtoras e ás comerciantes “que nos serven este excelente produto, son parte imprescindible da cadea e están aí, xogándose a saúde por un ben común, dándonos a enerxía que precisamos nun momento moi difícil” asegurou Carmela Silva quen aproveitou a ocasión para “darlles as grazas”.

Neste eido tamén adiantou a presidenta que a mediados de mes de maio lanzarase unha nova campaña específica para a promoción do comercio local porque “debemos concienciar á cidadanía de que todas e todos nos temos que
comprometer para apoiar ao tecido produtivo da nosa provincia, para manter o emprego con políticas de proximidade e promoción dos nosos produtos e comercio”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.