'Qué te cuentas?' Galicia

@Xunta empezará a pagar o martes as Axudas de Comedor

El Concello empezará a pagar este mes las becas de comedor

A Consellería de Educación comezará a pagar este martes 14 de abril as axudas de carácter directo a través das cales
aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración ás familias con menos recursos, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

En total, segundo a Xunta, beneficiaranse un total de 30.159 alumnas e alumnos de 22.532 familias de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, que representan un importe total de 991.397,50€. Esta contía, que se comezará a aboar a partir deste martes, cubre o correspondente aos días lectivos desde a suspensión das clases presenciais ata o día 12 de abril. En calquera caso a vixencia das axudas ampliarase ata o 26 de abril, polo que máis
adiante farase un segundo pago correspondente ao período restante.

A Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais a aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro/día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor está xestionado pola Consellería.

No caso dos usuarios de comedor gratuítos a Consellería aboaralles 2,5 euros/día, e no caso dos usuarios semigratuítos recibirán 1,5 euros/día durante os días lectivos que dure o estado de alarma. Polo tanto, neste primeiro pago correspondente a 14 días lectivos o importe das axudas vai dende os 35 euros para as familias con 1 un fillo aos 175 para as familias con 4 fillos con gratuidade total. No caso de familias con 2 fillos a contía chega a 70 euros ou 105 no caso de tres fillos. Existen casos de contías inferiores a 35 euros nos casos de alumnado gratuíto ou semigratuíto de secundaria que tan só come un día a semana no centro educativo.

También te puede interesar