Destacados Vigo al minuto

O Concello de Vigo non terá límite de gasto en cobertura social

O Concello vén de aprobar a concesión de 500 novas becas de comedor para familias que a solicitaron e que chegan xa  a un total de 1.533.

Na rolda de prensa ‘on line’ deste martes, o alcalde repetiu que “non vamos a deixar a ninguén sen axuda…non haberá límite de gasto en cobertura social”, asegurou o alcalde, quen engadiu que está autorizado a dispor de 3,8 millóns, a maiores dos que xa están na partida de Benestar Social para este ano. 

En total, dende a declaración do ‘Estado de Emerxencia’, as axudas de emerxencia entregadas polo goberno local superan os 3.000 beneficiarios e os 300.000€, ás que hai que engadir as 100 que se aprobaron onte, luns.

Comidas e pavillóns

Pola súa banda, a cociña do albergue municipal de Marqués de Valterra xa repartiu, desde o 16 de marzo, un total de 4.240 menús, entre os almorzos, comidas e ceas do propio albergue, do pavillón do Berbés e do servizo a domicilio. Tamén está a pleno rendemento o novo ‘cátering’ contratado, cun importe de 28.000€ para reforzar “a gran labor” que realizan os comedores sociais.

También te puede interesar