Ciencia y Tecnología Destacados

O movemento veciñal pásase á rede

Os aspirantes a sustituir á actual directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao comeza a andar con distintas iniciativas. O candidato a Secretario, Xabier Pérez Igrexas, vén de iniciar un caderno de bitácora na rede que baixo o nome ‘Desde o barrio’ asegura que quere compartir as súas opinións sobre o que suceda en Vigo, nos barrios e nas parroquias, «desde a máis absoluta franqueza e o compromiso por contribuír a unha cidade mellor que compartimos todas as persoas que facemos parte do movemento veciñal».

A primeira entrada deste blog, titulada ‘En marcha’, sirve para promocionar á que previsiblemente será a nova directiva da federación, sintetizando os seus principais obxectivos e liñas de actuación a partir do vindeiro 26 de xuño, data na que se celebrará a Asemblea Xeral que designará a nova equipa directiva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.