Galicia Vigo al minuto

O Cunqueiro preparado para máis casos de coronavirus logo de realizar preto de 1.900 probas

No marco do Plan de Continxencia que a Área Sanitaria de Vigo ten deseñado para a atención aos pacientes con patoloxía relacionada co COVID-19, a Xerencia vén de aprobar cambios no servizo de Urxencias, «un dos sometidos a un maior impacto e  presión asistencial».

O obxecto destes cambios é  delimitar dúas áreas, unha para pacientes con sospeita de enfermidade respiratoria por COVID-19 e outra área para o resto de patoloxías urxentes.

Maior delimitación de Urxencias Pediatricas

Neste contexto, a partires deste martes, queda delimitada aínda máis a área de Urxencias pediátricas, concentrando esta atención nos espazos ocupados ata hoxe polo servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO). Así, esta mañá HADO trasladouse á Area de Docencia (planta 0),  e neses espazos liberados por este servizo habilitouse un posto de Admisión de Urxencias pediátricas – propias e independente da de adultos-; un Posto de Triaxe e unha sala de espera para nenos. A porta de acceso exterior é diferente á que víñase utilizando habitualmente para entrar nas Urxencias pediátricas.

Patoloxías non respiratorias de adultos

A zoa liberada das Urxencias pediátricas se destina á atención das patoloxías Non respiratorias de adultos, ampliando así o chamado «circuíto de limpo«. Conta cun Posto de Triaxe específico e unha Sala de espera para aqueles pacientes que achéganse a Urxencias por outros motivos diferentes aos relacionados co coronavirus.

O obxectivo destes movementos é dobre: por un lado, evitar calquera tipo de contacto entre os pacientes pediátricos e os adultos; e por outra banda, dispoñer dun espazo máis amplo para a atención das patoloxías Non respiratorias de adultos.

Tres Unidades de Hospitalización

No referido á hospitalización, neste momento hai dúas Unidades destinadas ao ingreso e  atención exclusiva dos pacientes con diagnóstico confirmado de COVID-19. Son as emprazadas na planta terceira, nas Velas C e D.

Ademais, destinouse a Vela C da segunda planta  á atención aos pacientes con sospeita  de padecer a enfermidade pero aínda non está confirmada.

Catro equipos COVID-19

No referido aos profesionais, tal e como tense informado, os pacientes están sendo atendidos polos equipos específicos constituídos a tal fin, os catro Equipos COVID:  un equipo de Urxencias, formado por un facultativo, un profesional de enfermaría e un TCAE, que se encargan de atender aos pacientes con criterio clínico e epidemiolóxico sospeitosos nos circuítos dese servizo.

O segundo Equipo é de hospitalización, liderado por un internista especializado en infecciosas ou un neumólogo, que se encargan  de realizar o ingreso destes pacientes, atendelos nos seus cuartos e facer o seu seguimento.

O Equipo de Seguimento Compartido de Atención especialidade (ESCAH),  é un equipo de Hospitalización a Domicilio. Composto por 1 facultativo e 1 enfermeira, responsabilízase do seguimento clínico dos casos positivos  en illamento domiciliario,  e de coordinar, se fose necesario, os ingresos no hospital.

En canto á realización de Test PCR,  continúan  operativos 7 equipos de extracción de mostras domiciliarias  ademais do dispositivo fixo no Hospital Meixoeiro, o COVID-Auto.  A dia de hoxe, a área de Vigo leva realizadas 1.860 destas probas diagnósticas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.