Comarcas

@depo_es establece novas bases nas ‘Axudas de Emerxencia’ polo coronavirus para chegar antes aos concellos

A Deputación de Pontevedra remitiu este mércores aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia unha comunicación para informar que o próximo venres publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) a resolución presidencial de modificación das bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia para este ano 2020.
A finalidade da modificación é que os concellos poidan solicitar á Deputación o 100% do importe que lles corresponde para poder atender con maior axilidade orzamentaria as necesidades das persoas máis vulnerables durante o Estado de Alarma decretado polo COVID19. Terán prioridade as axudas destinadas a cubrir as necesidades das familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo, e inclúense atencións de carácter complementario.
En canto ao prazo de presentación de solicitudes, mantense o prazo establecido nas bases reguladoras aínda que deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), sendo válidas as solicitudes presentadas dende o 3 de marzo de 2020. Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que prevé a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Por outra banda, a Deputación de Pontevedra está a tramitar de urxencia as novas bases do Plan Concertado e SAF, en vías de ser publicadas a próxima semana, e o goberno provincial está a ultimar unha nova liña de axudas para dotar de máis recursos a fin de atender as demandas sociais nos concellos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.