Cultura Vigo al minuto

@anegaestudantes denuncia en Vigo que o prezo medio dun alugueiro na cidade é xa de 738€ ao mes

Alertan de que dende 2017 os prezos subiron case 100€ ao mes e que proliferan os ‘pisos turísticos’

O alugueiro máis caro de Galicia, a 738€ mensuais de media, «mentres hai máis de 18.000 pisos baleiros». Esta é a realidade que enfrontan os habitantes de Vigo, con especial dureza para estudantes e mocidade en xeral, pois un 81% destes últimos non se pode independizar das súas familias. Con estes datos enriba da mesa o estudantado  da Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (ANEGA) sacou adiante a campaña «Vivenda digna e asequible xa!», que tamén percorre outras cidades galegas coma Coruña, Santiago de Compostela ou Ourense.

Ao longo deste martes pasado, 3 de marzo, pegáronse por Vigo pancartas para «visibilizar esta problemática que ameaza con medrar cada vez máis, da man de fenómenos coma a proliferación dos pisos turísticos». «Alugueiros asequibles xa!» ou «Regulación xa!» foron algún dos lemas empregados, que destacaban a «gran subida dos prezos dende setembro 2017″ – de 657€ daquelas-, unha diferencia de case 100€ ao mes – e outros datos alarmantes na «cidade das luces».

Despois dunha primeira fase de visibilización da problemática, a campaña estará encamiñada a formular as reivindicacións urxentes que precisan as cidades galegas para solucionar os problemas dos alugueiros, para proximamente ir anunciando novas accións reivindicativas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.