Comarcas

A oposición do Porriño esixe explicacións logo do corte de luz, por falla de pago, en dependencias municipais

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño reclamou no último pleno explicacións sobre a «inédita e lamentable» situación que se deu o pasado 20 de febreiro no Porriño, cando a falta de pago acumulada polo Goberno Municipal provocou un corte do subministro eléctrico en boa parte das dependencias municipais.

A pesar de contar cunha partida orzamentaria destinada a gasto de enerxía eléctrica, «o bipartito (PSOE-BNG) debía ao redor dun millón de euros á compañía eléctrica e, en consecuencia, o municipio sufriu un apagón que afectou a varias dependencias municipais».

«É a primeira vez que ocorre algo semellante no Porriño e os responsables desta situación limítanse a restarlle importancia e culpar unilateralmente á compañía eléctrica», afirma Alejandro Lorenzo, «É intolerable que a concelleira responsable banalice o sucedido defendendo, como fixo no pleno, que `só foron unhas horas e apenas se notou´, cando supuxo un grave prexuízo nos servizos que o Concello debe prestar aos veciños. Deixou totalmente  inoperantes o Multiusos de Torneiros, campos de fútbol onde ese día debían adestrar nenos, centros culturais ou a unidade de atención de Afaga Alzhéimer».

O Goberno Municipal alude a un presunto conflito coa empresa

«Cónstanos que a partida orzamentaria destinada a pagar estes gastos foi baleirada en gran parte antes das eleccións. Elimináronse fondos que eran para pagar o subministro eléctrico e  gastáronse noutras cousas«, explica Lorenzo, «Ademais, como sucede coas de moitos outros provedores, as facturas que a compañía eléctrica rexistraba eran rexeitadas de maneira sistemática polo goberno local.  Insisto, de maneira sistemática. Esa é a realidade».

Lamentan tamén os populares que a rexedora pretenda cargar sobre o PP a responsabilidade de pagar unha facturación que a quen compete pagar é á Alcaldía . «Como sempre pretenden enganar á xente insinuando que o PP bloqueou o pago dunha facturación que xamais foi a pleno», critica o edil, «Pagar facturas non é competencia do pleno, o é da Alcaldía. Proba diso é que Eva García de la Torre acaba de ordenar por decreto o pago do suministro eléctrico correspondente ao que vai de 2020. O fai agora, despois de que lle cortaran a luz».  E é que Eva García de la Torre asinou a pasada semana un decreto levantando o reparo de intervención, por ausencia de contrato, para pagar a débeda de 2020 a Naturgy. Algo que non tivo a ben facer con toda a facturación correspondente a 2019.

Por todo isto, o grupo municipal do PP solicitou en pleno toda a documentación necesaria para que a cidadanía do Porriño saiba que foi o que sucedeu realmente. Así, reclamouse unha copia e relación de todas as facturas rexistradas por Naturgy en 2019, e o procedemento levado a cabo con cada unha delas.

Tamén unha copia de todas as transferencias de crédito ordenadas desde Alcaldía eliminando fondos da partida destinada no Orzamento Municipal para subministración eléctrica e acceso ao expediente completo sobre a facturación da empresa,  incluídas reclamacións ou avisos.

Así mesmo, acordouse a apertura de expediente e reclamacións que correspondan, determinando se o corte de subministración eléctrica foi, como defende a alcaldesa «unilateral, abusivo e ilegal», facendo partícipes deste expediente aos portavoces de todos os grupos municipais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.