Galicia Vigo al minuto

Monbus, que ten dende o luns a concesión da ruta de Vigo a Mos, Porriño ou Salceda, non acepta a Tarxeta Metropolitana de Transporte

Se onte vigoalminuto informaba de retrasos, demoras e esperas nas paradas, co cambio de servizo nas rutas dende Vigo a Porriño, Mos, Salceda de Caselas, Ponteareas ou Salvaterra-ademáis das conexións con Puxeiros, Cabral, Budiño e os hospitais do Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro- que pasou o luns de Faibus a Monbus, este xoves o problema é que non se acepta a ‘Tarxeta Metropolitana’, da Xunta, para pagar o billete.

A denuncia de varios viaxeiros, non foi solucionada pola nova concesionaria coa que esta redacción contactou obtendo coma resposta que «nós so poñemos os autocares e a xestión do pago con tarxeta corresponde á anterior empresa concesionaria [Faibus]».

Dende Faibus salientan que dende o día 24 non xestionan estas rutas e que non teñen que ver coa nova empresa e remítenos ao departamento de Mobilidade da Xunta de Galicia. Neste departamento sublñiñan que Monbus «ten a oibriga de aceptar a tarxeta de transporte metropolitano», e piden que as incidencias, coa copia dos billetes que os viaxeiros pagasen en metálico, se envíen ao enderezo electrónico [email protected], ou se contacte do teléfono 981 544 595.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.