Comarcas

@ArboConcello rebaixa un 10% o recibo do lixo

O Pleno do Concello de Arbo vén de aprobar, á proposta da Alcaldía e da Concellería de Facenda, a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa de recollida de lixo para trasladar aos usuarios do servizo o aforro, obtido polo Concello, coa aplicación da bonificación do 10% no  canon unitario de tratamento de residuos urbanos da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA).

Hai un ano, o alcalde solicitou a aplicación de dita bonificación declarando asumir o compromiso de adoptar as medidas para trasladar, con efectos económicos, o importe equivalente ao da devandita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo, procurarando unha redución de residuos medíante o mantemento ou a aprobación de novas medidas que fomenten a recollida selectiva, orientadas á prevención e redución da produción de lixo convencional ou ao fomento da reciclaxe dos envases lixeiros.

Con esta bonificación o Concello obtivo un aforro no canon a aboar a SOGAMA polas toneladas entregadas polo servizo municipal durante o ano 2019, aforro que se obterá tamén durante o 2020, e que se pretende trasladar aos usuarios do servizo a través dos recibos da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo emitidos durante o ano 2020, buscando así repercutir directamente dita bonificación no canon unitario nas persoas usuarias e beneficiarias  do servizo.

Horacio Gil, salientou que esta modificación suporá un aforro no pago  do lixo é farase efectiva nos vindeiros recibos.  «Non é a primeira ordenanza que este goberno  modifica facendoa máis ventaxosa para os arbenses», sinalou o alcalde quen lembrou que, «nos últimos anos, dende a chegada deste goberno, modificouse a ordenanza da auga, piscinas municipais, I.C.I.O sempre pensando na economía, na creación de emprego e no benestar dos habitantes deste municipio «

Gil concluiu que, «con estas medidas tamén se pretende reducir a cantidade de lixo que se bota ao colector xenérico, e promover a reciclaxe. Deste xeito darase un paso máis no compromiso de respectar ao medio ambiente e na concienciación municipal con respecto á importancia de actuar para reducir o volume de residuos que se xeran na actualidade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.