Galicia Vigo al minuto

Veciños de Teis piden ao Concello varias melloras no proxecto da ‘Vía Verde’

A asamblea da Asociación Veciñal aprobou instar ao Concello a que mellore o trazado da ‘Vía Verde’, logo dun ano do inicio das obras da mesma-o 14 de febreiro de 2019-cun prazo de finalización de 6 meses no que «só se executou un treito de 400 metros», inaugurado o pasado mes de agosto.

A Asociación dirixiuse por escrito á Concellería de Fomento, «en varias ocasións», solicitando a mellora do proxecto coa ampliación do paso inferior do Camiño da Xorxa e a construción dunha conexión entre a Vía Verde, a  Avenida de Galicia e afonde das Catro Pontes.

Os veciños tamén piden aumentar os accesos á Vía Verde no tramo final, conectando do lavadoiro da Avenida de Galicia e coa fonte dos Namorados, no río Pugariño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.