Galicia Vigo al minuto

@Xunta analiza cos veciños de Valadares o proxecto de mellora da PO-330 en Vigo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez  analizou este luns cos veciños de Valadares e cos comerciantes de Pereiró o proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada PO- 330 en Vigo.

Os obxectivos deste proxecto, no que a Xunta investirá máis dun millón de euros, son a mellora da seguridade na estrada Vigo- Vincios, no treito entre os puntos quilométricos 5+700 e 6+800, en Valadares, así como a urbanización da contorna de Pereiró.

O proxecto contempla o acondicionamento dos primeiros 450 metros da estrada, entre a glorieta que está fronte ao cemiterio de Pereiró e serve de enlace co vial da Universidade. Na contorna do Colexio Barreiro, achegarase o paso de peóns do punto quilométrico 3+210 ao centro, tomando as medidas de calmado de tráfico precisas.  Na zona do Portal, no punto quilométrico 4+300, acometerase unha glorieta para facilitar o acceso á piscina e os cambios de sentido no vial. Tamén se executará un muro de contención e se canalizará parte dun regato.

Do mesmo xeito, se prevé unha glorieta na intersección coa estrada A Garrida-Valadares, «posto que se trata dun cruce cun tráfico de vehículos pesados elevado ao dar servizo a dous polígonos industriais, unha canteira, o miradoiro do monte Alba e estar moi próximo á AG-57″.

Na parroquia de Valadares, entre os puntos quilométricos 6 e 6+700, executarase un carril central de espera para resolver de forma segura o acceso ao colexio Andersen. O proxecto tamén inclúe a reparación de beirarrúas nesta estrada e a mellora da sinalización e a iluminación dos pasos de peóns.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.