'Qué te cuentas?' Destacados

O alcalde asegura que o Concello «ainda está en prazo» de solicitar fondos europeos para o túnel de Elduayen

Abel Caballero recoñeceu este mércores que o Concello non se tramitou aínda a solicitude para poder contar con fondos europeos para cofinanciar o túnel entre a Porta do Sol e Elduayen e que se está en prazo para facelo.

O alcalde sinalou, a preguntas de vigoalminuto, que Vigo conta con 15 millóns de achegas de Europa para obras en Gran Vía e Porta do Sol, e subliñou que a resposta da Comisión  sobre este tema a Comisión resposta que «o Concello de Vigo presentará probablemente unha solicitude de cofinanciamento para parte do túnel da Porta do Sol,no marco da estratexia de Desenrolo Urbano Sostible (DUS)» e asegurou que «estamos aínda en prazo para solicitala».

Caballero cargou contra o BNG preguntándose se os seus responsábeis non se poñen «colorados» logo da severa reprimenda por parte da Comisión Europea e lamentou que sexa Europa quen defenda os intereses de Vigo e non os representantes do Bloque.

«O alcalde falta á verdade»

O Bloque Nacionalista Galego mantén que o alcalde «minte»  sobre a financiación das obras do túnel de Elduayen con cargo a fondos europeaos e lamenta a resposta que deu este martes a preguntas dos xornalistas cargando contra o BNG.

O concelleiro de o BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas sinala, en resposta ás declaracións de hoxe de Abel Caballero, que a  «Comisión Europea non ten coñecemento de que estea a cofinanciar esa obra a cargo de fondos europeos». O concelleiro subliña que «é falaz e unha mentira que a resposta da Comisión Europea estea lexitimando, validando, aplaudindo ou dando os seus parabéns ao proxecto de túnel».

Igrexas indica que na resposta, por escrito, á pregunta que lle fixo a representante do BNG en Europa, Ana Miranda, «o único de dí a Comisión e que a competencia e a responsabilidade para validar os proxectos DUSI, que se cofinancia a cargo de fondos FEDER, corresponde ao Ministerio de Facenda, en ningún caso, en todo o documento a Comisión Europea se pronuncia sobre o fondo dese proxecto, dese túnel en Elduayen porque non o coñece».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.