Destacados Vigo al minuto

@bngvigo pide ao Concello que lle faga unha proposta á Xunta para que haxa transporte metropolitano

O Bloque sinala en relación coa sentenza da Pass Vigo que a decisión de restrinxir a tarxeta a persoas empadroadas fora desde un inicio “un absoluto disparate” e na opición do seu concelleiro en Vigo, a  resolución xudicial clarifica que esa discriminación “ademais de irracional e inxustificada é ilegal”.

Xabier P.Igrexas mentén que «nunha situación na que a cidade recibe 90 mil vehículos diarios doutros concellos a aposta debera ser potenciar o uso do transporte colectivo en lugar de restrinxilo». “Temos que reducir o uso do coche privado en Vigo, para gañar espazo para as persoas». 

Transporte metropolitano

Diante da “encrucillada” creada após ese fallo xudicial, o portavoz municipal nacionalista instou o Goberno municipal a non recorrelo e a dedicar “todos os esforzos políticos a desbloquear a integración de Vigo no transporte metropolitano”.

Nese sentido, demandou que o executivo de Abel Caballero se dirixa “mañá mesmo” á Xunta de Galicia cunha proposta concreta que permita chegar a un acordo. “Sabemos que o principal atranco é precisamente o cofinanciamento do transporte urbano, pero o Bloque sempre defendemos que a solución esixe acordo e consenso”, engadiu.

Para o BNG é un “sen sentido” que a cidade e capital da área fique fóra do transporte metropolitano. O Bloque fai un chamamento a “abandonar os discursos hiperlocalistas e rancios” e a poñer “luces longas”.

“Fronte a quen quere empequenecer Vigo, amurallándoa como unha cidade-Estado medieval, enfrontada con todos por todo, o BNG apostamos por facer de Vigo o motor de toda Galiza, liderando desde a cooperación a área metropolitana”, remachou Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.