Galicia Vigo al minuto

«O fenómeno Vigo. Non tentes explicalo. Víveo»

Ese é o lema co que se presentará Vigo o xoves, día 23, na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra en Madrid. Para o alcalde Vigo amosará as súas propostas logo de transformarse, asegurou, nunha «cidade turística central». De novo, Abel Caballero fixo mención do tirón do Nadal, que «chegou a Nova Iorque», e do cal, sinalou, falaron, además dos medios de comunicación españois, os de Francia e mesmo China.

O alcalde tamén presentará en FITUR os concertos de verán, «algún dos cales xuntou a 100.000 persoas» en Castrelos; do Entroido, O Marisquiño, A Reconquista e, sobre todo, das Cíes: coma lugar de visita e coma candidatas a Patrimonio Medioambiental da Humanidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.