Galicia Vigo al minuto

Magos, pallasos, contacontos, animadores e músicos de Galiclown acompañarán ás nenas e nenos internados no Cunqueiro

A dirección da Área Sanitaria de Vigo e a Asociación «Galiclown- Pallasos de Hospital»,veñen de asinar un acordo para dar un novo impulso ás actividades lúdicas dirixidas aos pacientes pediátricos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A Asociación, sen ánimo de lucro, ten como obxectivo dinamizar tanto as estancias  ambulatorias como os ingresos dos pacientes en idade pediátrica. O seu presidente, Juan Adolfo Maguna (Pallaso Popín), asinou o acordo co xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García  Comesaña.

Todas as persoas que forman parte da iniciativa son voluntarios que están formados na dinamización de estancias hospitalarias e na relación con enfermos ingresados, sobre todo con nenos e nenas.

Inicialmente a asociación ten rexistrados 25 voluntarios, que participarán nas distintas actividades que se recollen no acordo asinado. Pallasos, magos, músicos, animadores e contacontos repartiranse as actuacións, que teñen fixado un horario e ámbito de traballo no propio acordo.

Aínda que o acordo inicial ten por obxecto o aspecto lúdico nas zonas do hospital directamente relacionadas con pediatría, non se descarta que se poida ampliar o seu ámbito de actuación a outros espazos e áreas hospitalarias, sempre de acordo coa dirección.

Humanización
«O acordo subscrito enmárcase nas iniciativas de humanización que a Área Sanitaria de Vigo desenvolve nos distintos centros», sinalan dende a mesma, lembrando que a Primeira Liña do Plan Estratéxico da Área Sanitaria de Vigo é acadar unha Sanidade máis humana. Trátase de humanizar o coidado ao paciente en todo o proceso. De feito, son xa moitas as iniciativas levadas a cabo na área pediátrica, que abarcan desde a dotación de espazos específicos dirixidos aos nenos e a mesma decoración da planta de hospitalización, así como a un importante número de actividades,  de distinto tipo, que se desenvolven nese espacio de maneira case que cotiá.

Asociación sen ánimo de lucro

«Galiclown» naceu o pasado mes de decembro e é unha asociación integrada por voluntarios que realizan visitas aos hospitais co fin de mellorar o estado emocional dos pacientes, especialmente nenos e nenas, e o dos seus familiares.

«A través da risa, da escoita, da maxia, das artes escénicas, da música ou do xogo, proporciónanse momentos de relaxación e desconexión na complexa situación do paciente, favorecendo o seu benestar emocional e psicolóxico, que é complementario á actividade asistencial», explicou o seu presidente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.