Comarcas

@ponteareas_gal convica oposicións para administrativos

A concellería de Persoal de Ponteareas vén de publicar no BOPPO (Boletín Oficial da provincia de Pontevedra) a convocatoria de presentación de instancias na categoría de funcionarios interinos administrativos para cubrir prazas de administrativos de administración xeral no grupo C, subgrupo C1.

As e os interesados poderán presentar as súas instancias no prazo de 20 días naturais rematando o prazo o luns 27 de xaneiro do presente ano.

«Con esta convocatoria o concello quere dar cobertura á praza vacante do oficial administrativo/a, adscrita ao conservatorio de música municipal Reveriano Soutullo, e confeccionar listas de contratación para a categoría mencionada».

As instancias dirixiránse ao alcalde e as bases íntegras atópanse publicadas no taboleiros de anuncios do concello e na súa páxina web www.ponteareas.gal apartado de oferta de emprego público.

O BOPPO tamén vén de publicar a oferta de emprego público para que o concello de Ponteareas poida convocar con posterioridade un ou unha traballadora social, e 3 prazas da policía local (2 libres e 1 de mobilidade).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.