Comarcas

@AsNevesConcello acolle a ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’ cun programa que abrangue distintas actividades durante nove días

O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12.

Segundo sinala o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma  gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.

Con esta idea, o  vindeiro xoves, terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catro mans’, ás 21:30h,  no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.

O sábado, día 5, ás 16:30 h,dende a Praza do Concello, sairá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.

Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5€.

O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00h. ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.