Sabe do que fala e a verdade é que non se prodiga gran cousa, por iso escoitalo pode ser interesante. Xosé Manuel Beiras, impartirá unha charla o hoxe en Vigo (20:30 h. Hotel Coia) na que dará a súa visión sobre as consecuencias, as causas e as alternativas á crisis económica.O dúas veces doutor e líder da corrente do BNG Encontro Irmandiño, falará sobre a primacía os Estados Unidos no Fondo Monetario Internacional e as receitas que “exculpan aos responsables da crisis”. A conferencia, organizada por Encontro Irmandiño de Vigo, está aberta a todos os interesados e enmárcase no ciclo preparatorio dos encontros para a celebración da súa III Asamblea Nacional.
