Galicia Vigo al minuto

O Parlamento de Galicia apoia manter na UNESCO a candidatura do Parque das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores  a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista, Grupo Común da Esquerda e BNG, a través da que se insta á Xunta a manter a súa defensa ante a UNESCO da candidatura a Patrimonio da Humanidade que abrangue a totalidade do territorio do actual Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, sen excluír aos arquipélagos de Ons e Sálvora nin a illa de Cortegada.

A deputada, e concelleira en Vigo, Teresa Egerique asegurou que  “a Xunta e o Concello de Vigo teñen os mesmos obxectivos: que as illas Cíes sexa Patrimonio da Humanidade”, engadindo que “non se pode pensar en cativo neste tema e deixar que o capricho puntual dun político, que practica a política egoísta, bote por terra todo o traballo desta candidatura”.

Neste sentido, Egerique explicou que todos os bens que son Patrimonio Mundial Natural no Estado son parques nacionais no seu conxunto -como Garajonay e El Teide, en Canarias, e Doñana en Andalucía- e salientou que “nunca Vigo, Bueu, Vilagarcía ou Ribeira tiveron unha oportunidade así, excepcional para as Rías Baixas e para toda a provincia de Pontevedra”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.