Vigo al minuto

Vigo, referente nos estudos de Medicina: 775 estudantes formáronse xa nos hospitais da cidade

Dacordo coa Memoria de Actividades da Unidade de Docencia de Grao 2013-2019, difundida este domingo

Así, desde o 2013, ano no que comezou a impartirse a Docencia Universitaria na área sanitaria viguesa, realizaron os seus estudos do último curso no Complexo Hospitalio Universitario de Vigo (CHUVI)  775 alumnos. O récord acadouse o pasado ano académico 2018/2019, con 199 estudantes.

Distintas titulacións e universidades

A capacidade docente do CHUVI demóstrase tamén coa diversidade de materias, titulacións e universidades de procedencia do alumnado do pasado curso.

O groso dos estudantes corresponde ao 6º curso da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, 86 o último ano lectivo. Con todo, tamén formáronse no CHUVI 7 alumnos de Farmacia, 15 de Óptica e Optometría, 6 de Psicoloxía, 2 de Química, 3 de Bioloxía, e 1 das titulacións de Nutrición Humana e  Diétetica, Ciencias Políticas e Matemáticas no curso que rematou a pasada primavera.

Ademais, 15 alumnos de Medicina procedían doutras universidades de fóra de Galicia, doutras comunidades españolas e de países como Arxentina, Alemaña, Polonia, Eslovaquia e Portugal, entre outros.

En canto ás titulacións diferentes de Medicina, destacou o curso pasado a presenza durante uns meses de 26 alumnos de Premedicina do Atlantis Project de Estados Unidos e 1 estudante de Neurociencia tamén dese país. Ademais, rexistráronse outros alumnos de disciplinas como Psicoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica e Psicoloxía.

Dacordo cos datos da devandita Memoria, os últimos catro anos case se duplicou o número de profesores asociados, pasando de 14 en 2015 a 25 na actualidade.

Pero o dato máis relevante é o crecemento de colaboradores docentes, que son facultativos que participan na función de ensino sen recibir remuneración polo seu traballo cos estudantes: o curso pasado foron 549 os colaboradores docentes, mentres que no 2013 eran 178.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.