Destacados Vigo al minuto

Consultas abertas de detección de melanomas, esta semana no Meixoeiro

O Servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) levará a cabo esta semana unha campaña no Meixoeiro para  detectar posibles melanomas e revisar o estado dos lunares. Súmase así á iniciativa a nivel nacional  Euromelanoma 2019.

A tal fin, a Unidade de Melanoma, que está a cargo da  dermatóloga Celia Posada, reservou os días 25, 26 e 27 de xuño -martes, mércores e xoves-para levar a cabo estas “consultas de cribado” abertas á cidadanía, nas que se informará a quen acuda sobre o cancro de pel e revisaranse os lunares, a fin de mantelos controlados no futuro.

Os cidadáns que desexen acudir a estas consultas deberán inscribirse previamente na dirección de correo electrónico [email protected]. Serán na planta 1ª do Hospital do Meixoeiro, na que está situada a Unidade e o propio Servizo de Dermatoloxía, que dirixe o doutor  Ander  Zulaica. O horario, durante os tres días, será de 9 a 13 horas.

O melanoma é un dos dez tipos de cancro máis frecuentes, pero tamén é un dos menos complicados de previr. O aconsellable é que a propia persoa vixíe periodicamente a evolución dos lunares que ten no seu corpo e se se produce algún de variación nalgún deles póñase en contacto co seu facultativo.

50 diagnósticos ao ano

A Unidade de Melanoma do  CHUVI diagnostica cada ano entre 35 e 50 melanomas. Unha cifra que aumentou lixeiramente. O cambio de hábitos de  fotoexposición nos últimos anos é  unha causa, entre outras, do aumento do cancro de pel.

A vía rápida para pacientes con sospeita de melanoma atendeu o ano pasado a uns 290 pacientes, a maioría procedentes das consultas de Atención Primaria.

“Observamos que o número de casos mantense máis ou menos estable entre os a xente xoven e nos individuos de idade adulta. Pero si se detectou un incremento entre a poboación de máis de 65 anos”, explica a doutora Posada. Por ese motivo, a campaña de  Euromelanoma 2019 diríxese sobre todo a ese segmento de poboación.

Prevención

Para a prevención do melanoma os especialistas aconsellan protexerse adecuadamente do sol, sobre todo nos meses de verán, xa que a exposición solar da pel é o principal desencadeamento deste tipo de cancro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.