Comarcas

Aberta a licitación das obras para a mellora dos accesos á Praia do Muíño en @AGuarda_es

A Deputación de Pontevedra ven de anunciar a licitación do proxecto para a mellora dos accesos á Praia do Muíño depois da sinatura dun convenio, no pasado mes de febreiro, entre o ente provincial e o Concello de A Guarda con un orzamento total de 192.190,64 €.

O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas. 

O acondicionamento dos accesos á praia do Muíño forma parte do proxecto de cooperación europea «Visit Río Miño», de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, en concreto dentro das actuacións comprendidas para a creación do «Anel Verde do Miño’», que consiste nunha «rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galicia e Portugal e é, sen dúbida, un dos maiores atractivos deste territorio e de todo o sur da provincia».

As actuacións previstas teñen unha dobre finalidade: por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e doutra, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.

Na actualidade os accesos á praia do Muíño consiste nunha plataforma de recheo e un muro, así como un aparcamento a pé de praia. O proxecto inclúe a construción dunha rotonda para a regulación do tráfico, a ampliación das entradas ao areal e a creación dunha plataforma peonil de acceso a praia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.