Ciencia y Tecnología Galicia

Cambio integral na planta de Pediatría do Cunqueiro para favorecer as emocións dos nenos ingresados no hospital

A banda do polbo “Cunqui”, formada por cinco mariñeiros, e a nova compañeira dos nenos e nenas hospitalizados no Álvaro Cunqueiro.

Son as novas mascotas e o eixo central sobre o que pivota a humanización que ven de ser acometida na Unidade de Hospitalización Pediátrica.

“Neste senso, realizouse unha intervención  integral, cunha decoración baseada na temática referida ao mar da ría de Vigo e a súa contorna, as súas praias, flora e fauna, os fondos mariños… e todos aqueles elementos que conforman un ecosistema único. Ademais, ten especial atención aos deportes náuticos”, sinalan dende o Servizo Galego de Saúde.

A intervención decorativa desenvolveuse en todos os espazos que conforman a planta de hospitalización, incluíndo corredores, salas de estar e salas de procedementos.

Os cuartos foron deseñados en función da idade dos pacientes ingresados neles. Desta forma, a ambientación é diferente nos cartos dos bebés, preescolares, e adolescentes.

“Contar cun espazo cálido, alegre e adaptado aos menores, con colores e motivos infantís, diminúe o estrés e favorece emocións positivas nos nenos cando están ingresados no Hospital”, sinalan os responsábeis da Área Sanitaria de Vigo.

También te puede interesar