Vigo al minuto

O mes que ven empeza a funcionar parte do novo parking de Peinador

Peinador/Tresyuno ComunicaciónO alcalde anunciou hoxe que en xullo abriranse ao público as 1.000 primeiras prazas do novo aparcamento en construcción no aeroporto de Peinador, unha vez estea rematada a primeira fase.

Caballero sinalou tras a primeira entrevista mantida coa nova directora de Peinador, a madrileña Noelia Martínez, procedente do aeródromo de El Hierro que a apertura da primeira metade do aparcamento conlevará a retirada do provisional e o inicio da segunda fase da obra. En febreiro do 2011 estará completamente concluída a infraestrutura e operativas as 2.600 prazas de estacionamento.

Abel Caballero recoñeu o «impulso» que está a dar o Ministerio de Fomento, a través de AENA, ao Aeroporto de Vigo, que está en proceso de ampliación con melloras por valor de 100 millóns de euros, 38 millóns do novo aparcamento e uns 60 máis da nova terminal.

Sobre esta última cuestión, o alcalde apuntou que Fomento ten previsto contratar os traballos da nova terminal nun periodo dun mes aproximadamente, que en en xullo ou agosto podería comezar a edficicación do novo edificio deseñado por César Portela.

A primeira parte da nova terminal construirase na zona sur do mesmo, sen afectar á operatividade da actual. Cando a zona sur estea rematada entrará en funcionamento e darán comezo os traballos no espazo que ocupa a actual terminal e nunha parte adicional ao norte da mesma.

O alcalde avogou por que o aeródromo vigués labre «o seu futuro para mantener a competencia co aeroporto de Oporto«, xa que a urbe portuguesa é a alternativa natural ao de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.