'Qué te cuentas?' Comarcas

@DignaRRivas, candidata á Alcaldía de Redondela disposta a encabezar un “goberno local de progreso”

Digna Rivas, candidata socialista á Alcaldía de Redondela, amosou a súa intención de “loitar por cumprir o expresado pola cidadanía na xornada electoral que non é outra cousa que un goberno progresista”.

O PSdG-PSOE obtivo o pasado domingo 7 concelleiros -o 32,53%, con 5.256, votos- por detrás do PP, que logrou 9 edís, e por diante da Agrupación de Electores de Redondela (AER), que se fixo con 3 asentos na Corporación, e BNG, que acadou 2.

Rivas amosouse aberta ao diálogo nunha etapa, na que dixo, “hai que actuar con moita cautela e prudencia para propiciar un cambio en Redondela e acadar un Goberno que antepoña ás necesidades dos veciños e veciñas a calquera outra consideración”.

A candidata socialista considerou “prioritario” dar resposta ás necesidades que a cidadanía lle transmitiu durante a campaña electoral. “Os veciños e veciñas queren un goberno municipal próximo, que saiba solucionar os seus problemas porque para min, como xa o dixen en máis dunha ocasión, se un veciño ou veciña ten un problema, o Concello ten un problema”.

En canto ao análise das eleccións, Digna Rivas amosou a súa satisfacción por uns resultados “que supoñen un incremento a de máis de 1.000 votos sobre hai catro anos e que nos deixaron a tan só 40 votos do oitavo representante”.

En todo caso, a candidata do PSdeG-PSOE recalcou na necesidade de “dialogar e conseguir un acordo que propicie o cambio que demanda a cidadanía”.

También te puede interesar