Galicia

Convocada para o venres, día 10, a ‘3ª Marcha contra o peche de camas» nos hospitais públicos de Pontevedra

O Sindicato de Profesionais da Saúde de Galicia (Prosagal) vén de convocar a «III Marcha contra o peche de camas» nos hospitais públicos de Pontevedra, que terá lugar o vindeiro venres, día 10 ás 20:00 horas na capital.

Segundo denuncian dende o sindicato, o peche de camas durante o período estival é unha decisión que se perpetúa e xeneralízase a todos os hospitais de Galicia, “e cremos que non só non permite unha boa xestión de recursos sen non que impide garantir unha asistencia sanitaria óptima”.

A xuízo de Prosagal, esta “tendencia privatizadora” comporta un aumento das listas de espera cirúrxica, derivación de enfermos para intervencións cirúrxicas en centros concertados, colapsos en urxencias e longas esperas en padiolas por pacientes pendentes de ter acceso a unha cama nunha habitación, mentres unha parte das existentes, mantéñense sen uso.

“Non podemos deixar de pensar que o peche é unha medida de aforro, disfrazada de xestión adecuada por descenso de actividade cirúrxica, e o certo é, que pretende conseguir unha diminución do investimento na contratación en todos os ámbitos”.

Os profesionais alertan de que non so sofre a atención nos hospitais, tamén a Atención Primaria véase afectada por esta medida: as consultas de Primaria que non se cobren, comportan un aumento da actividade nos  PACs, maior dificultade para facer un seguimento adecuado do paciente e máis posibilidades de que terminen acudindo ao servizo de urxencias do hospital, “ que xa está saturado a maioría das veces”

A «III Marcha contra o peche de camas» que pretende dar visibilidade a un problema crecente e real a día de hoxe, e impedir: o peche camas nos nosos hospitais públicos; que siga avanzando a deterioración asistencial da Atención Primaria; as malas condicións laborais dos traballadores dos PACs e a precariedade laboral que sofren os profesionais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.