Comarcas

@ConcelloNigran remata o empedrado da rúa Igrexa, en Chandebrito

O Concelllo de Nigrán rematou esta semana as obras para empedrar mediante adoquíns a rúa Igrexa, situada no núcleo de Chandebrito e pavimentada ata agora en aglomerado asfáltico xa moi deteriorado.

A actuación forma parte do plan integral do Concello para recuperar e por en valor toda a contorna do Castro, prevéndose adoquinar toda a zona posteriormente.

«Trátase dun pavimento que sí se adapta á contorna rural do centro de Chandebrito, onde a pedra é o elemento predominante nas edificacións e nos propios muros», sinala o alcalde, Juan González, quen defende a súa «promoción e preservación» e avanza que, en seguintes fases, iranse empedrando outras rúas.

Os traballos, que contaron cun orzamento de 60.350 € a cargo do Plan Concellos da Deputación, supoñen non só unha mellora no mantemento e conservación do firme, se non “unha posta en valor dos elementos patrimoniais e etnográficos deste núcleo de aldea tradicional único no municipio, repercutindo sen dúbida nunha gran mellora paisaxística”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.