'Qué te cuentas?' Galicia

O Goberno de Galicia asina un convenio para realizar un estudo sobre as necesidades de abastecemento de auga a Vigo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, en calidade de presidenta do ente público Augas de Galicia, asinou este luns o convenio sobre o abastecemento a Vigo e a zona sur da provincia  de Pontevedra.

O texto, informa o Goberno de Galicia, “foi remitido de forma inmediata ao Concello de Vigo e tamén á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, co obxectivo de que esta licite o antes posible o estudo obxecto do acordo de colaboración”.

Na xuntanza celebrada en Vigo o pasado 26 de outubro, a Xunta propuxo o a sinatura dun convenio de colaboración entre a Administración autonómica, o Concello e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para realizar conxuntamente un estudo de alternativas para garantir o abastecemento de auga á zona sur da provincia de Pontevedra a longo prazo.

A Xunta impulsou este traballo de análise debido á súa preocupación polos problemas estruturais identificados no sistema que abastece auga á cidade de Vigo e a outros 10 municipios a través dos encoros de Eiras e Zamáns. O último episodio de seca rexistrado no ano 2017 evidenciou a necesidade de acometer actuacións que permitan garantir o abastecemento de auga a longo prazo no novo contexto do cambio climático”.

Realización dun estudo

O convenio asinado hoxe por Ethel Vázquez “permitirá realizar un estudo técnico das diferentes alternativas e determinar a proposta máis adecuada de mellora da regulación e almacenamento de auga para solucionar os problemas que presenta o sistema de abastecemento de auga desde os encoros de Eiras e de Zamáns”.

O convenio prevé que, a partir das conclusións obtidas neste estudo, se realice o correspondente estudo de impacto ambiental da opción definida como a máis axeitada.

A Xunta e as outras dúas administracións cofinanciarán a partes iguais os 200.000€ nos que se estima o custo do estudo

Os concellos incluídos nesta área, Vigo, Redondela, Soutomaior, Porriño, Mos, Salceda, Moaña, Cangas, Baiona, Nigrán e Gondomar, abastécense de recursos hídricos tanto da conca Galicia- Costa (encoro de Eiras e encoro de Zamáns) como da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o que xustifica unha actuación conxunta das tres Administracións Públicas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.