Galicia Sucesos

Familias de Cangas alertan de que o Centro de Saúde so ten un pediatra para atender a 4.000 nenos

O colectivo de familias afectadas pola falta de pediatras no Centro de Saúde de Cangas e na Casa do Mar de Aldán  enuncia o que cualifica de “situación de total abandono e desamparo que estamos a sufrir”.

Segundo indican este mércores pola mañá no Centro de Saúde de Cangas había unicamente un pediatra para atender a á poboación de case 4.000 nenas e nenos do concello.

Lembran que Sanidade deixou sen pediatra á Casa de Mar de Aldán, “xa hai case 9 meses”, e sen pediatra de tarde ao Centro de Saúde de Cangas, “dende hai seis”.

Dende aquel momento todo o concello, “con parroquias distantes até 15 quilómetros”, ten a disposición unicamente tres pediatras en horario de mañá, “que non dan abasto coas diferentes situacións de revisión, vacinas e urxencias que se xeran nunha poboación crecente”.

As familias alertan de que nos últimos meses a situación agrávase coa baixa de dúas das pediatras: unha hai un mes e outra hai case unha semana. De feito, a día de hoxe, ás doce da mañá só había un pediatra,  o que provocou unha situación total de desamparo” entre os pacientes.

Algún deles, aseguran, non entendían tal situación e ao pedir explicacións ninguén no Centro de Saúde, “nin sequera o seu xerente que non se atopaba alí”, podía dar respostas, “coa conseguinte angustia que supón chegar cunha urxencia, sen saber a súa gravidade, como foi  o caso”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.