Vigo al minuto

@bngvigo propón que o Vitrasa sexa de balde para os menores de 13 anos

O BNG de Vigo propón facer gratuíto o prezo do autobús urbano para os e as menores de 13 anos. Con esta medida, o Bloque quere alargar a gratuidade, agora limitada a nenos de até 4 anos, “equiparando o beneficio ao que xa se aplica noutras cidades galegas e do Estado, para impulsar a utilización do transporte público”.

«Queremos facilitar o uso do autobús á poboación infantil da cidade como maneira de estimular unha mobilidade que reduza o uso de vehículo privado. Non ten sentido seguir facendo pagar a menores que na súa maioría viaxan xa acompañados por adultos e adultas que xa pagan billete», explicou o candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas.

Equiparación do bono estudante co universitario

Por outra parte, BNG volveu reiterar a demanda de equiparar a tarifa que se aplica no bono estudante coa do bono universitario. Na actualidade, o estudantado non universitario, é dicir o que cursa Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional, ten que aboar 86 céntimos de euro por viaxe, só 3 céntimos menos que o bono normal. Coa equiparación pasarían a unha tarifa de 69 céntimos por viaxe.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.