Ciencia y Tecnología Galicia

@MareaVigo urxe a aclarar as deficiencias de funcionamento da nova depuradora do Lagares

O voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, lembra que «dende o mesmo remate das obras e a concesión da estación depuradora a Aqualia, a veciñanza viu alertando dunha serie de feitos moi  graves relativos, por exemplo, ao funcionamento de transformadores eléctricos, incendios nas instalación, fortes cheiros de novo a través dos sumidoiros que conectan coas vivendas, verquidos na contorna da Xunqueira do Lagares e mesmo na praia e costa de Toralla».

Esta EDAR, cualificada polo alcalde de Vigo na inauguración feita o ano pasado, como «a mellor do país» esixe un mantemento continuo e integral «que temos dúbidas que se estea realizándose» – matiza Rubén Pérez.  “Mesmo estes días, o cheiro de gases, e especialmente a posibilidade de que o sulfhídrico entre nas casas polos sumidoiros, está volvendo alarmar ás persoas que viven próximas á EDAR».

Marea de Vigo xa trasladara no ano 2017 unha serie de preguntas ao Ministerio de Medioambiente para que se aclarara se se estaba a dar cumprimento dos protocolos de seguridade no emprazamento, non recibindo ninguna resposta que aclarase a situación.

Do mesmo xeito, Rubén Pérez afirma que «a responsabilidade destas deficiencias de funcionamento é municipal, e que o feito de que o Concello decidise concesionar a Aqualia a xestión da EDAR non exime ao Concello o velar pola seguridade da veciñanza que lamentablemente quedou pegada á estación tras a nova obra».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.