Galicia

O presidente Feijóo, de viaxe oficial a Miami e Nova York

O presidente do Goberno de Galicia inicia a vindeira semana unha viaxe institucional a Miami e Nova York. Feijóo, segundo informa a Xunta, leva unha “marcada axenda económica e comercial”. O obxectivo da mesma é  “reforzar os lazos turísticos de cara ás oportunidades do Xacobeo 2021”.

Feijóo, que comezará a visita o martes 5 de febreiro e estará ata o día 9, manterá durante a súa estancia varios encontros institucionais, económicos e culturais. O preseidente estará acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e por unha delegación formada por numerosas empresas galegas do sector do contract.

No ámbito económico, o presidente exporá as oportunidades de Galicia ante as cámaras de comercio de Miami e Nova York.

Xunto ao Clúster de turismo e os portos de A Coruña, Ferrol e Vigo, en Miami, visitará a terminal de contedores e a terminal de cruceiros. Posteriormente, “celebrará unha xuntanza coas principais compañías de cruceiros na cidade”. O titular do Goberno galego tamén se reunirá co alcalde do condado de Miami-Dade, Carlos A. Giménez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.