Galicia Vigo al minuto

@luar_na_lubre, este sábado día 26 en Vigo

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, publicou en maio un disco dedicado á Ribeira Sacra, que presentará no Teatro Afundación de Vigo este sábado 26 de xaneiro.

A banda liderada por Bieito Romero segue a espallar a música, o idioma, e a cultura galega en diferentes lugares do mundo, desta volta co seu novo disco, ‘Ribeira Sacra’. A súa xira de máis de 40 concertos levounos por toda Europa -Reino Unido, Francia e Bélxica-, América Latina, con especial presenza, por suposto, na Península e en Galicia. E aínda lle quedan outros 40 por realizar a comezos de 2019.

Luar na Lubre gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas -Esgos, Ourense– que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.

Este novo disco inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías «que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra», en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música», un territorio «que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.