'Qué te cuentas?' Destacados

Denuncian que o Concello impedirá o tráfico rodado sobre dous pasos elevados da AP-9 aos seu paso por Teis

A Asociación Veciñal de Teis, informa que a Concellaría de Seguridade e Mobilidade de Vigo impedirá, dende o 3 de xaneiro,  o paso de tráfico rodado no Camiño da Xorxa e da Trapa, nos pasos elevados sobre a autoestrada AP-9.

O Goberno local,  asegura a asociación, toma esta decisión logo de que a demarcación de estradas do Estado en Galicia, que depende do Ministerio de Fomento, contestará  a un escrito do Concello sobre o mantemento dos pasos elevados sobre a AP-9, sinalando a demarcación que estes pasos elevados, son pasarelas peonís.

“Estes pasos elevados sobre o camiño da Trapa e da Xorxa, comunican ambos camiños e desde a súa construción son usados pola veciñanza como paso  peonil e  de turismos” e, por tanto, “esta medida supón un  grave prexuízo a  veciñanza destes camiños e a que circula polos mesmos desde hai décadas. De súpeto, unhas pasarelas  realizadas pola construción autoestrada e que repoñían os camiños existentes  pasan a ser pasarelas peonís”.

A Asociación Veciñal de Teis sfirma que si estas infraestruturas  presentan algún deterioro polo paso dos anos, a  decisión debe  ser reformar e mellorar estes pasos elevados, non impedir o paso de vehículos, causando molestias a veciñanza.

“A construción da autoestrada AP9, no seu día xa provocou graves danos a veciñanza de Teis, dividindo a parroquia, derrubando casas, eliminando camiños e agora pretendese incomunicar a veciñanza destes camiños”.

Dende a Asociación vecinal amósase a súa oposición e os seus responsábeis lembran que “solicitamos por escrito a ambas administracións manter unha xuntanza urxente” para tratar este tema.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.