Galicia

A República gaña, cun 90% do voto, no referendo convocado nas universidades de Galicia

Os universitarios galegos están, moi maioritariamente, a favor de que a actual Monarquía que é o sistema implantado na actualidade en España dea paso a unha República. Así o indicaron no referendo promovido por varias plataformas no que participaron máis de 8.000 alumnas e alumnos nos campus de Ferrol, A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo.

O 90% dos estudantes que depositaron o seu voto-nalgún caso como o de Vigo cunha porcentaxe de participación que foi maior que o das elección sao claustro do pasado mes de abril-  decantouse pola República e amosaron a súa intención, coma sinalaron os organizadores deste referendo, de que este proceso abra nas universidades un canle de “coñecemento e debate».

Por campus, no de Ferrol o 84,7% amosaron o seu apoio á fórmula republicana, en Santiago, con 3.592 votos emitidos, o 92% decantouse pola República; en A Coruña  foi o 87,69% dos 2.064 votantes e en Vigo, cunha participación de 1.584 alumnos, o 90,59%  optou pola abolición da monarquía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.