Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia a apertura do aparcadoiro da Praza de Portugal sen os seus traballadores

«O Goberno local incumpre sistematicamente todas as súas promesas ás e os traballadores das concesións municipais»

O grupo municipal da Marea de Vigo denunciou este martes que o Goberno municipal “incumpre sistematicamente todas as súas promesas ás e os traballadores das concesións municipais».

O concelleiro Xosé Lois Jácome fixo estas declaración en rolda de prensa en relación co persoal dos aparcadoiros da porta do Sol e Praza de Portugal, que culminaban este pasado sábado coa reapertura deste último sen os traballadores asociados ao mesmo.

«En setembro e decembro do 2015 respectivamente, pechaban os aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal. En xaneiro do 2016, a Marea de Vigo levaba unha moción ao Pleno do Concello pedindo que se respectara o dereito de subrogación da totalidade do cadro de persoal de ambos centros de traballo. Nese Pleno, a concelleira de transportes ‘prometía’ a recolocación destes traballadores e traballadoras e ademais, que a solución chegaría cedo, e todo elo xunto ao voto afirmativo á moción. Isto acontecía en xaneiro do 2016 e atopámonos en decembro do 2018, con todo este cadro de persoal na rúa», salientou Jácome.

Pola súa banda, o voceiro de Marea de Vigo cuestionouse os motivos e o que está acontecendo entre a empresa, Dornier-Empark, e o propio Goberno local, «a empresa concesionaria, a mesma empresa que ten a Xestión do Estacionamento Regulado –a ORA-, cuxo persoal leva en folga dende hai máis de 100 días, se tan mala relación ten co Goberno municipal a causa deste conflito, tal é como esgrime o seu voceiro como escusa para non esixir solucións no conflito da ORA; como é que lle regala ao Concello a apertura do aparcadoiro de xeito gratuíto durante varios días e como é o vínculo que ten Dornier-Empark co Goberno do PSOE para que esa apertura sexa no preciso momento no que o Goberno así o desexa?», preguntouse Rubén Pérez.

Marea de Vigo ve con agrado os primeiros movementos, a nivel sindical, dos cadros de persoal das concesionarias do Concello de Vigo, ao entender que a unidade de acción das e dos traballores destas empresas que dependen todas do Concello é o único mecanismo de presión que se pode levar a cabo fronte a un «Goberno que se erixe sempre como defensor das traballadoras e traballadores mais nos feitos só defende criterios económicos que só benefician ás empresas concesionarias».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.