Ciencia y Tecnología Galicia

O Cunqueiro conta dende este venres co TAC intraoperatorio máis avanzado de España

O TC intraoperatorio vén de chegar ao Hospital Álvaro Cunqueiro onde xa está emprazado no quirófano correspondente. Para a descarga e traslado ao emprazamento definitivo deste equipamento –con 2.100 quilos de peso- foi necesario despregar un complexo dispositivo loxístico, que realizouse a través dunha grúa de 350 toneladas.

A previsión é que inicie a súa actividade antes de finalizar o ano, unha vez instalado e realizadas todas as probas técnicas e de seguridade requiridas para o seu funcionamento.

Segundo indica o Servizo de Saúde, “trátase do TC intraoperatorio máis avanzado de España, no que realizouse un investimento de 693.916,85€”, financiado nun 80% por fondos do programa Feder Galicia da Unión Europea.

O sistema permite realizar un TC no mesmo momento en que se está efectuando a operación cirúrxica, o que supón unha maior seguridade para o paciente e unha intervención menos invasiva e moito máis precisa.

Unha gran transformación

O novo equipo supón unha gran transformación e un importante avance nos sistemas de imaxe intraoperatorios. A súa tecnoloxía, coas máis altas prestacións, permite estudar un órgano en seccións e diferenciar tecidos, o que implica unha gran vantaxe fronte ao sistema convencional.

“A introdución deste equipamento en quirófano asociada ás técnicas de neuronavegación é un avance importante na cirurxía, xa que permite unha localización en 3D precisa do procedemento cirúrxico que se está a desenvolver”, explica o xefe do Servizo de Neurocirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), o doutor Cesáreo Conde.

As técnicas de cirurxía guiada pola imaxe posibilitan a realización de intervencións menos invasivas, con menor dano aos tecidos, de forma máis segura e precisa, ao tempo que reduce os períodos de recuperación postoperatoria do paciente.

O equipo de imaxe de TC intraoperatorio aplicarase para cirurxía cerebral, espiñal e   neurovascular. É dicir, poderá utilizarse en cirurxías craniais e de columna vertebral, tanto vasculares como tumorais.

Cálculase que, aproximadamente, do millar de intervencións anuais que realiza o servizo de Neurocirurxía, un 20 % delas efectuaranse a través deste sistema; aínda que tamén poderá ser utilizado por outros servizos, cando sexa necesario guiar a cirurxía, como por exemplo en Traumatoloxía para cirurxía de columna ou pelvis.

O doutor Conde subliña que “suporá unha gran vantaxe á hora de poder coñecer e  monitorizar antes, durante e despois da cirurxía a situación real do paciente”. 

O TC intraoperatorio permite planificar “in situ” a cirurxía e comprobar o resultado conseguido, ademais implica un aforro de estudos de planificación previos e de comprobación posteriores á intervención.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.