Comarcas

O Concello de Redondela empeza as obras para ampliar o cruzamento de Sapal, en Santo Estevo

O Goberno local de Redondela vén de iniciar as obras de ampliación do entronque da estrada N-555 con Sapal, na parroquia de Santo Estevo de Negros. Segundo salienta a concelleira de Vías e Obras, Maria José Barciela, “trátase dunha obra moi demandada polos veciños e veciñas, xa que mellora moito a seguridade nese acceso”.

Ata agora a anchura na saída á estrada nacional era de 3.50 metros e tras as obras do AVE xerouse unha explanada que permanecía por fora do valado seguridade de 6 metros:  os traballos,q ue contan cun orzamento de 22.000€, levarán á retirada dunha barreira de 18 metros de longo “ampliando a estrada ata uns 7 metros quedando ademais un paso seguro para os peóns”.

O alcalde, Javier Bas, xunto coa concelleira, comprobou que xa está retirada o devandito valado e que demoleuse a cimentación antiga iniciando xa o preparado do terreo para a nova pavimentación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.