'Qué te cuentas?' Destacados

Xubilados e pensionistas saen de novo á rúa en Vigo este xoves

O colectivo de pensionistas e xubilados da CIG convoca para este  xoves mobilizacións en diversas cidades e vilas galegas- en Vigo será ás 8 da tarde na Farola de Urzáiz– en demanda dunhas “pensións públicas que permitan unha vida digna ás persoas xubiladas de hoxe e ás de mañá”.

Exixen, entre outras cuestións, a derrogación das reformas laborais e das pensións, tanto do PP como do PSOE, que teñen como obxectivo desmantelar o sistema público de pensións. “Intentan facernos crer que as pensións públicas non son sostíbeis e que temos que aforrar ou facer un plan de pensións privado, e así, unha vez máis, que sexan os fondos financeiros e as grandes empresas que sosteñen os plans privados, quen se benefician a costa da clase traballadora”.

O colectivo de xubilados e pensionistas alerta de que agora pretenden dar por cumpridas as súas exixencias, e que deixen de mobilizarse, mediante unha suba das pensións de 20€ ao mes de media. “20€ ao mes poden ser unha pequeniña axuda, pero, desde logo, non serve para paliar a grave situación de miles de persoas que, na Galiza, sobreviven con pensións ínfimas”.

Lembran que as pensións galegas son as segundas máis baixas do estado; que máis da metade das pensións que cobran galegos e galegas son inferiores a 677€ que unha de cada dez son menores de 415€ ao mes.

Medra a fenda entre as pensións de homes e mulleres

Matizan a isto que as pensionistas galegas que teñen pensións de viuvez, foron as menos beneficiadas pola suba aplicada, xa que só 1 de cada dez viu incrementada a súa pensión. “As mulleres que cobran complemento a  mínimos por non chegar á contía mínima, que na Galiza son a maioría, viron reducida a cantidade dese complemento na mesma medida en que subía a pensión, polo que na práctica, non se produciu suba para estas pensionistas”.

Aseguran que isto agrava inda máis a fenda entre as pensións de homes e mulleres, que, segundo os últimos datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística, está a aumentar. “A diferenza entre a pensión media dun galego e a dunha galega está xa no 37,1%, e se falamos de persoas de entre 55 e 74 anos, sobe a máis do 42%”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.