Destacados Sucesos

8 persoas detidas e 44 investigadas por vender vieiras que multiplicaban por catro a taxa de toxina legal

Axentes da Policía Autonómica e membros de Gardacostas, veñen de desartellar unha rede adicada á venda de vieira extraída irregularmente, deter a oito persoas e incartarse de 2.000 unidades deste marisco, que segundo informa o Goberno de Galicia, multiplicaba por catro a taxa de toxina aceptada legalmente.

O Xulgado  número 3 de Ferrol investiga a 44 persoas no marco da ‘Operación Concha’, durante a cal as mesmas foron acusadas de delitos contra a saúde pública e organización criminal. O operativo iniciouse tras detectar a un grupo furtivos que estaba a a extraer «grandes cantidades» de vieira da ría de Ferrol e dos arredores.

Os axentes averiguaron que os implicados utilizaban vehículos que non cumprían nin unha das medidas hixiénico-sanitarias, para transportar a vieira ás persoas encargadas da súa venda en varios concellos das Rías Baixas. Estes ‘distribuidores’-que recibían mercancía dous e tres veces á semana- a vendían, logo, a particulares, bares e restaurantes destas zonas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.